martes, 11 de junio de 2013

cumple de Joel!!

O venres estivemos outra vez de festa, Joel cumpliu catro anos e fixemos unha tarta riquísima!!! comémola enteiriña e ademáis deunos un paquete de chuches xigante. Gracias!!!



martes, 7 de mayo de 2013


Hola a todos e a todas, o 25 de abril celebramos o cumpleanos de Paula no cole cunha gran tarta riquísima!!!! Cantamos o cumple e Paula regalounos gominolas, pasámolo moi ben

viernes, 19 de abril de 2013

Visitamos os bombeiros!!!!

Hola a todos e a todas:
Onte fomos de excursión ós bombeiros cos nenos/as de Castromil, Carnés e Xabiña e pasámolo moi ben. Subimos ó camión, tocamos a sirea, falamos polo walki, botamos auga, vimos como subían na escaleira e puxemos o casco de bombeiro!!!
Pasamolo xenial, aquí vos deixamos algunhas fotos





























lunes, 8 de abril de 2013

O esqueleto León

Queridos amigos e amigas:
Hoxe cando abrimos a porta da clase apareceu esqueleto!!!!! Non sabíamos o que pesaba ó principio, pero démonos conta de que tiña unha carta colgada no seu cuello que dicía:

"Bos días Paula, Manuela, Camilo, Xabier, Daniela, Brais, Joel, Carmen e Uxía, como estades?
Primeiro de todo voume presentar, eu son o personaxe que vos vai acompañar na próxima investigación que realizades, pero hai un problema: os meus pais non me puxeron nome, entón teredesme que axudar a atopar un.
A partir da agora estarei na vosa escola e axudareivos a investigar sobre O CORPO, apetécevos?
Un bico a todos e todas, e tamén ás familias, porque dende aquí lles pedimos que nos axuden a traer fotos, radiografías, receitas médicas, obras de arte (do corpo), consellos de saúde sobre os dentes ou a alimentación, libros, películas, ecografías (o embarazo), enciclopedias, xogos de ordenador, de mesa,...... sobre o tema do corpo."


O primeiro que fixemos foi poñerlle nome ó esqueleto e despois de varias votacións saíu elixido o nome de LEÓN.
Moi entusiasmados co novo proxecto comezados a investigar sobre as cousas que xa sabíamos do corpo e este foi o resultado:

Catamos queixos

Ola a todos e a todas:
Xa estamos de volta das vacacións de Semana Santa, e queremos amosarvos nesta entrada algunhas actividades que nos quedaron pendentes do proxecto das vacas.
As fotos son da cata de queixos que realizamos e á que tamén invitamos ás familias.


martes, 12 de marzo de 2013

Xogamos a pesar cantidades

Bos días, hoxe estivemos pesando canta cantidade de leite levarían unha serie de recipientes nos que se bota leite: cubo, caldeireta, vaso, pocillo e botella e aquí vos deixamos o resultado e a ficha de rexistro da información que realizamos.







viernes, 8 de marzo de 2013

As vacas de Carantoña van de excursión

Hola a todos e todas, hoxe pola tarde estivemos escenificando un conto que inventamos sobre a excursión que realizaron as vacas de Carantoña. Deixamosvos o relato e algunha foto da escenificación, un saúdo.

AS VACAS DE CARANTOÑA VAN DE EXCURSIÓN
Érase unha vez un grupo de vacas que estaba pastando no prado, e á vaca BRAIS ocorreuselle que fosen todas de excursión polo bosque. Sairon camiñando polo prado, pero... todo eran obstáculos!!!
En primeiro lugar atopáronse cun tronco dunha árbore (banco) ó que tiveron que subir e percorrer facendo equilibrio, indo de primeira a vaca CAMILO.
Cando todas as vacas conseguiron baixar do tronco sanas e salvas, atopáronse cun río, e como non querían mollar os pés..............., terían que buscar unha solución. Entón a vaca DANIELA propuxo ir poñendo os pés encima das pedras do río (aros) para cruzalo.
Camiñaron e camiñaron e de repente unha gran montaña (túnel) sorprendeu á vaca JOEL, que comezou a subir ata o pico e logo deslizouse pola outra ladeira, e así todas as vacas foron detrás.
Pero o viaxe aínda non rematara porque agora tiñan que sortear un grupo de árbores (conos) que había no bosque, e a vaca XABI comezou a sortealos....
Cando de repente a vaca MANUELA deuse conta de que o bosque estaba cuberto de herbas moi altas coas que chocaban os seus cornos, e entón a vaca PAULA imaxinou que poderían ser serpes e reptar polo chan para poder pasar.
E cando por fin crían que chegaran de novo ó prado, á vaca UXÍA quedoulle enganchado o chocallo nunha trampa dunha rama, e a vaca CARMEN propuxe tirarlle pedras (pelotas) á trampa (canasta) para poder rescatar o chocallo de Uxía.
E despois de moito intentalo conseguirono e chegaron ó seu prado onde comeron moita herba e beberon moita auga para logo descansar deitados coa música de Mozart.
E colorín colorado o conto das vacas de Carantoña queda rematado e todas as vacas quedan sentadas.